Como funciona?

Aprende xogando é pura diversión e moi intuitivo.O xogo mostra un número de elementos na pantalla segundo for a dificultade seleccionada. Estes elementos teñen cadanseu aspecto e son propios.

Funcionamento do xogo

funcionamento

O xogo consiste en repetir as secuencias que se reproducen, para iso o neno vai ter que recoñecer o son e aspecto de cada elemento da secuencia.

Reto do xogo

dificultades de nivel idade

A medida que se avanza no xogo,as secuencias compóñense dun maior número de elementos e polo tanto resultan máis complexas para lembrar. Ata 12 elementos simultáneos.

Dificultade por Idades

Principais niveis de dificultades por idade

Existen tres niveis principais de dificultade baseados na idade do neno:3 ou maior,5 ou maior e 7 ou maior. Se o neno completa a dificultade adecuada sempre pode intentar un nivel máis.

Pistas do Xogo

pistas sonoras e visuais

Pode elixir que non soen os sons ou que se non iluminen os elementos, e así engadirlle maior dificultade ao xogo.

Niveis das Fases

xogo longo

Dentro das 11 fases do xogo,o neno deberá superar 11 niveis que serán variacións da fase seleccionada. Desta maneira familiarizarase e aprenderá o son, aspecto e nome de cada obxecto.